Este mes de abril estaremos o team Emma tomando o té na Libraría Libraida de Gondomar. De aí o de té con Jane Austen.
Será parecido ao noso té con Jane de Culturgal. Ana, María e máis eu falaremos do mundo da Rexencia, da vida de Jane Austen, da literatura de comezos do século XIX e de por que seguimos obsesionadas con todo ese mundo. Tamén falaremos da nosa edición anotada de Emma para Sushi Books.
Unha das cousas máis interesantes do período é a moda e será un dos temas que abordaremos. Dende a libraría invitan a vestirse con galas de época!!
Será o 19 de abril ás 18 horas (hora da merenda!). Máis info.