«O mundo de Jane Austen» tamén está en ebook

O mundo de jane Austen en ebook

Se vos gusta máis ler en formato electrónico, Sushi Books lanzou a edición ebook de «O mundo de Jane Austen».

Podedes atopala nas diferentes plataformas que venden libros electrónicos (como Kindle de Amazon ou Casa del Libro, pero nas demais tamén) e xa nalgunhas das bibliotecas de ebooks. Está xa dispoñible en GaliciaLe e tamén na eBibliodaCoruña (que confeso que eu non coñecía! É a biblioteca de ebooks da rede de bibliotecas da Deputación da Coruña). Tamén está en Everand (o antes coñecido como Scribd!).

Deja un comentario