Ensaio – Non ficción
O mundo de Jane Austen

Existe a idea de que Jane Austen era unha señora de vida aburrida que escribía dende unha aldea na campiña inglesa onde pasaba pouco ou nada. Porén, a verdade é moito máis interesante. Dende a súa casa rural, Jane Austen conseguiu crear historias universais e personaxes dos que seguimos namorando dous séculos despois do nacemento da súa autora.
Nesta biografía, que é tamén libro de viaxes, coñeceremos os lugares nos que viviu e traballou Jane Austen para así entender como escribía, de onde sacaba as súas ideas e quen era ela realmente.
Na web da editorial | Presentacións | En GoodReads e nos medios | Edición ebook | En Todostuslibros
Millennials. Unha xeración entre dúas crises

A xeración millennial medrou na España que “vai ben” e estaba chegando á idade adulta cando o país estaba na “Champions da economía”. Todo apuntaba a un futuro cor de rosa, mais a realidade acabou sendo moi diferente. A crise de 2008 freou a súa entrada no mundo laboral e a pandemia foi un golpe inesperado cando estaban comezando a ver unha lixeira recuperación. E agora seguen atrapados nunha sorte de eterna xuventude precaria. Dano colateral dunha sucesión de crises históricas, esta xeración está queimada pola precariedade laboral, o inaccesible mercado da vivenda, por ter que pospoñer unha e outra vez os grandes fitos da vida adulta. E, se miran ao futuro, non son optimistas.
Malia todo, a gran conquista millennial é, xustamente, que as relacións, as actividades e as realidades importantes poden ser as que decidan que sexan.
Fragmento en castellano: La eterna adolescencia millennial & Milenials, la generación que no puede más
Na web da editorial | Nos medios | Presentacións | En GoodReads | En Todostuslibros
Noticias da modernidade. A muller moderna na prensa galega dos anos 20

Estamos na Galicia dos anos 20 e asistimos a unha revolución: as mulleres cortan o pelo, fuman e bailan charlestón! E os medios galegos non poden parar de falar de todo iso. “A muller dos nosos días é inquieta e dinámica”, asegura unha crónica. “Farei golf, pintareime, non me prohibirás, querido, que salga no meu Chevrolet sen o cravo do marido”, promete a protagonista dun poema.
Internarse nos medios galegos de entón permite descubrir unha Galicia un tanto esquecida e que parece case secreta, a da época dourada da muller moderna. Ademais de cambiar o corte de pelo e o das saias, as mulleres do momento estudan, traballan e son vistas con certa incomprensión polos señores da súa época.
Na web da editorial | Presentacións | Nos medios
Outros
Emma

Emma Woodhouse é unha mestra xuntando medias laranxas… ou iso pensa ela. Nada lle gusta máis que entremeterse na vida dos demais, aínda que non o fai con mala intención: o único que quere é axudarlles a atopar o amor verdadeiro. Pero as súas boas ideas só darán lugar a unha serie de equívocos divertidos. Unha deliciosa comedia romántica publicada moito antes de que se inventase o xénero, e que agora presentamos nunha edición anotada especialmente para o público xuvenil actual.
Xunto con Ana Bulnes e María Ramos, escribimos as notas, a introducción e as recomendacións de lectura finais desta edición da novela da nosa amada Jane Austen pensada para lectores adolescentes de todas as idades.
Na web da editorial | En GoodReads | En Todostuslibros | Té con Jane Austen | Nos medios
En castellano
Emma

Hay una edición en castellano de nuestra versión anotada de Emma, de Jane Austen, que publica Sushi Books. Es un trabajo conjunto con María Ramos y Ana Bulnes.
Sumamos notas (desde cómo se limpiaba el papel pintado a por qué eran importantes las buenas amigas), introducción y un extra final. El público objetivo está en la adolescencia, pero en realidad es una edición para todas las personas.
Una deliciosa comedia romántica publicada mucho antes de que se inventase el género, y que ahora presentamos en una edición anotada especialmente para el público juvenil actual.
En la web de la editorial | En GoodReads | En Todostuslibros | En medios

Participo en la edición 2025 del Anuario AC/E de cultura digital 2025.
Escribo sobre la relación entre la cultura (en especial, la cultura digital) y los retos de sostenibilidad, entendiendo el concepto en el amplio sentido de la palabra (medioambiental, sí, pero también social).
La edición digital del libro se puede encontrar en descarga gratuita o lectura online en la web de Acción Cultural Española.
En Librópatas, lanzamos – ya no están disponibles – dos largos reportajes en formato papel. Si quieres saber más sobre ellos, este es el link.