Maruja del Mazo e a primeira estrela de cine galega

Tropecei por primeira vez con Maruja del Mazo pouco despois de publicar Noticias da modernidade, mentres seguía pensando nos outros anos 20 e continuaba preguntándome quen foran as modernas concretas deses anos (que é tamén unha das preguntas que me facían por Noticias, máis alá do xeral cal son as historias concretas).

Maruja del Mazo é a primeira actriz protagonista profesional galega dunha película galega/rodada en Galicia. Era modista e foi descuberta mentres pasaba pola rúa Príncipe, en Vigo. É unha anécdota digna dunha película. Quería saber máis sobre ela, pero tamén sobre as outras mulleres que estiveron facendo películas galegas (e hai moito que cortar en que era unha película galega) nesa década. Desa busca naceu Na procura da primeira estrela galega e faime moita ilusión contar que este ensaio recibiu o premio Xohana Torres do concello de Santiago. Ao longo deste ano poderedes lelo!

Se queredes saber máis, aquí deixo unha nova de El Correo Gallego coa historia.

A foto é do Concello de Santiago

Deja un comentario